LECTURAS E PELÍCULAS SUXERIDAS

  • Reflexión sobre a autocracia e a liberdade de expresión:


  • O enlace que deixo aquí, do profesor Rafael Robles, a min faime desexar ver mesmo películas que xa vira máis dunha vez. A ver que vos parece:
Kant y Sofía van al cine












  • Un deses libros que volverías a ler é A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery. Paso a presentárvolo:




DATOS DO LIBRO
Nº de páxinas: 368
Encadernación: Tapa brande
Editorial: Seix Barral
Lingua: Castelá
ISBN: 9788432228216



SINOPSE
No número 7 da rúa Grenelle, un inmoble burgués de París, nada é o que parece. Dous dos seus inquilinos esconden un segredo. Renée, a porteira, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma, ten doce anos e oculta unha intelixencia extraordinaria. Ambas as dúas levan unha vida solitaria, mentres se esforzan por sobrevivir e vencer a desesperanza. A chegada dun home misterioso ao edificio propiciará o encontro destas dúas almas xemelgas. Xuntas, Renée e Paloma descubrirán a beleza das pequenas cousas. Invocarán a maxia dos praceres efémeros e inventarán un mundo mellor. A elegancia do ourizo é un pequeno tesouro que nos revela como alcanzar a felicidade grazas á amizade, o amor e a arte. Mentres pasamos as páxinas cun sorriso, as voces de Renée e Paloma tecen, cunha linguaxe melodiosa, un cativador himno á vida.

A AUTORA
Así a presenta a wikipedia:
Muriel Barbery (Casablanca, Marrocos, 28 de maio de 1969) é unha escritora francesa, profesora de filosofía, autora das novelas Unha lambetada (2000), traducida a doce linguas, e A elegancia do ourizo (2006). Esta última obra obtivo un gran éxito no seu país con máis de 30 edicións e máis dun millón de exemplares vendidos. Ocupou o primeiro lugar de vendas durante 30 semanas consecutivas e foi traducida a numerosos idiomas. A directora francesa Mona Achache rodou a película "O ourizo" baseándose nesta novela.




Muriel Barbery converteuse nunha revelación literaria en Francia. A súa tenrura e orixinalidade valéronlle o Premio dos Libreiros, o recoñecemento da crítica e o cariño do público, que a situou nas listas dos libros máis vendidos durante un ano. "Un conto moderno, refrescante e intelixente", Le Figaro; "A nostalxia atemporal de Marcel Proust e o frescor de Philipe Delerm... Divertida, intelixente... aérea como un kaiku", L'Express; "Dicir que Muriel Barbery ten talento é quedarse curto... Ten un humor devastador", Le Nouvel Observateur. Premio dos Libreiros franceses e Premio Culture et Bibliothèques pour Tous.

ASÍ APARECE PRESENTADA A OBRA NA WEB DA AUTORA:
Algunhas cores son demasiado vívidas para dar conta delas. Algunhas pinturas teñen unha beleza que apenas pode ser capturada por meras palabras. E A elegancia do ourizo ten beleza, e unha elegancia que supera a maior parte dos estándares coñecidos (...) É intelixente, sensual, e invítanos a meditar profundamente en cuestións de importancia fundamental unido sátira, humor, calor e compaixón.
(...) É unha novela moi francesa, con personaxes estraños e improbables pero entrañable e chea de reflexións sobre a natureza da beleza e a arte e sobre o sentido da vida e da morte. Está escrita, por suposto, por unha autora versada en Kant e Sartre para quen non resultan descoñecidos os conceptos do Ser e a Nada.
A hstoria, estraña e emotiva, ten lugar na súa maior parte, dentro dos confíns dun apartamento exclusivo nun dos mellores barrios de Paris. Os inquilinos son parisinos ricos que viven aparentemente moi ben e coñécense moi ben uns aos outros -case demasiado ben.

A elegancia do ourizo ten dúas "heroínas" que escriben diarios: Unha é unha porteira, a outra unha adolescente suicida. Só que elas son máis, moito máis. E non se deixan encaixar nesas categorías. A menos que vostede estea acostumado a porteiros que se describen como Renée o fai:
        "Correspóndome tan ben co que o prexuízo social interpreta colectivamente que é unha típica porteira francesa que son un dos múltiples engranaxes que contribúen á ilusión universal segundo a cal a vida ten un significado que pode ser facilmente descibrado"
Non estamos acostumados a iso. E, si, ela é moi intelixente e autodidacta. Por suposto le a Tolstoy e le filosofía e, non obstante, gústalle Blade Runner. Así que agora xa coñece o seu perfil.
A outra heroína, Paloma, ten 12 anos. Ela é suicida (que francés!) e hyper intelixente. Do tipo dos que escriben "pensamentos profundos" nun diario. Así que sente tanta repugnancia polo mundo que decide matarse no seu 13º aniversario. Pero tamén é unha nena.
Paloma e Renée teñen un amigo común. El é un home xaponés misterioso e rico que se muda ó edificio. O seu nome é Monsier Ozu.

O libro vai dun a outro diario das heroínas, cun pouco de vida real aquí´e alí. É un libro de reflexións, miradas e valoracións, e tamén de empatía. Non sabemos por qué nos chega tanto e tan fondo, por qué nos atrae con tanta forza como o fai pero funciona case como a mesma forza de gravidade, non a sentes pero caes na súa área de influencia.
É bastante sorprendente que unha historia tan estraña poda conmover tanto ós lectores, pero faino. É unha historia que nos afecta. Non un conto que nos deixe felices xa que non hai felicidade ou sol radiante e eles-viven-felizmente-a-pesar-de-estar-aquí; é unha historia que te move a pensar e sopesar a nosa situación. Sinxelamente é un deses libros raros que tocan o noso interior e móstrannos os nosos puntos débiles. Pode facernos sorrir mentres choramos -igual que algunhas comidas parecen espertar certas papilas gustativas que non sabiamos que tiñamos antes de probalas; iso é.

A elegancia do ourizo é unha historia reconfortante e un libro para ler, meditar, sentir e saborear.

A PELÍCULA:
Baseándose na novela, a directora francesa Mona Achache levouna ao cine. Aquí tes o trailer por se tamén che interesa (como a moita xente a min acostuma a pasarme que cando vexo a película inspirada nunha obra literaria non coincide de todo coa "película" que xa tiña en mente trala lectura pero loito contra este xuizo previo e ás veces atópome con outra obra de arte, iso sí, nunha linguaxe distinta, e que enriquece a miña interpretación; pero iso, debe xulgarlo, en cada caso, cada un).



Por último, déixoche como proposta a seguinte ACTIVIDADE:




  • A editorial “Errata Naturae” presenta así a colección á que pertence o libro "Un día loco en la vida del profesor Kant":

Unha colección de filosofía para nenos... que gozarán tamén os grandes. Unha serie de libros fantasticamente ilustrados, divertidos e intelixentes. Que podo saber? Que debo facer? Que me está permitido esperar? O severo profesor Kant vive na pequena cidade de Königsberg tratando de dar resposta a estas e a outras moitas preguntas. Todos os días se ergue moi cedo, almorza moderadamente e dá o seu paseo habitual para chegar ata a universidade: atravesando todos e cada unha das sete pontes da cidade unha única vez, grazas a un percorrido que só el coñece! Non obstante, a xornada de hoxe será distinta, o Profesor Kant recibiu unha carta perfumada...



  DATOS DO LIBRO
            Nº de páxinas: 64 páxs.
            Encadernación: Tapa branda
            Editoral: ERRATA NATURAE
            Lingua: CASTELÁ
            ISBN: 9788415217237






  • Da mesma colección é "Las cien vidas de Sócrates", obra á que nos invitan así:

Cidadán! Ao abrir este libro empurras as portas dunha cidade xusta onde os tipos ambiciosos e os charlatáns teñen os seus días contados, se é que es capaz de encontrar algún. Quen será o teu guía polas súas rúas e pasadizos? Quen vai ser? Sócrates! Crías que estaba morto? Nin falar! Sócrates é o filósofo das cen vidas: a súa alma atravesou os séculos reencarnada no corpo diminuto dunha mosca, no dun can vagabundo ou no dun preso desexoso de encontrar a saída da caverna na que o fixeron prisioneiro. Quizais hoxe mesmo, na túa propia cidade, Sócrates podería nacer de novo...














DATOS DO LIBRO

Autor: Yan Marchand. Yan Le Bras
Páxinas: 64
Encadernación: Tapa branda
Editorial: Errata Naturae
Lingua: Castelá
Tradución: Sara Álvarez Pérez
ISBN: 978-84-15217-59-6

Podes clicar AQUÍ para ler como empeza (e disfrutar das imaxes que ilustran o texto, que non teñen desperdicio).


  • E, un último desta colección, 














DATOS DO LIBRO

Colección: Los Pequeños platones
Formato: 16 × 24
Páxinas: 64
ISBN: 978-84-15217-41-1

Tradución: Sara Álvarez Pérez



Nunha fría noite de inverno, cando toda a cidade está sumida no silencio e o sopor, o señor Descartes comeza a dubidar do que o rodea: «É posible que 2 +2 xa non sexa 4? Que todo o que hai á miña arredor, a miña casa, o lume da cheminea, o meu corpo, non sexan máis que un sono? E se un xenio maligno está a xogar a enganarme?...»

Como complemento á lectura, algunha información útil e atractiva que permitirá que lle saques máis partido: VEO-VEO 

Para ler-ver como arranca:  El genio maligno...



  • A lectura que agora che suxiro representa unha inmellorable relación entre esforzó e beneficio (está escrita por un economista): en apenas minutos, reirás, caerás da guindeira, saberás se és intelixente, inxenuo, bandido ou "estúpido", qué son os demais... 



Ti verás se che convén ler As leis fundamentais da estupidez humana


 Aquí tes un fragmento (as primeiras páxinas) que espero che resulte imposible  deixar de ler; inicio deste "paseo pola filosofía"...





  • A páxina web "Boulesis.com"  (filosofía, deliberación e pensamento) recoméndanos a seguinte lectura - Las aventuras filosóficas del profesor Bongiorno firmado por Hotel Kafka  da que nos ofrece cumprida referencia. Así presenta a obra Planetadelibros.com:

Sinopsis 

Tras varios años de excedencia, la crisis lleva a Augusto Bongiorno a retomar su plaza de profesor de Filosofía en un instituto de nombre aciago: Instituto Gracián. Allí se encontrará con un grupo de alumnos de Bachillerato (cada uno de su padre y de su madre), que, más que proporcionarle quebraderos de cabeza, lo arrastran a una vida de aventura que no deseaba.
¿Pueden utilizarse las aventuras de un año escolar, se pregunta Bongiorno, para comenzar a discutir con sus protagonistas acerca de cómo debemos conducirnos día a día? ¿Qué otra cosa es, si no, la filosofía?
Así, las pequeñas historias de este libro tratan sobre la dificultad de asomarse a la realidad de la vida sin complejos, abordando la verdad de todo lo que parece no tener demasiado sentido. La dificultad de asumir nuestra exposición constante a la tensión entre esos polos que a veces nos atraen y otras nos repelen: segregación y socialización, naturaleza y cultura, violencia y razón, libertad y responsabilidad, justicia y felicidad...
Un homenaje a la vocación de una de las profesiones más importantes en la creación de nuestra sociedad y menos valoradas por ella: la del profesor.

                         _______________________________________________________                                             


  • Outra lectura, esta vez con proposta de traballo incluída:


Título: El miedo a la libertad
Autor: Erich Fromm
Editorial: PAIDOS IBERICA
Lingua: ESPAÑOL
ISBN: 9788449308536
Ano edición: 2009 (Primeira edición: 1941)
Praza de edición: BARCELONA



SINOPSE:


Este libro intenta explicar os aspectos da crise contemporánea da civilización occidental relacionados coa liberdade do home. Unha crise que ostenta diversas manifestacións, das que Fromm destaca dous para os seus fins analíticos: a súa expresión política (o fascismo) e a súa expresión sociocultural (a crecente estandarización dos individuos nas sociedades avanzadas). Ambas as dúas manifestacións da crise non son máis que formas colectivas de evadir a liberdade. Todo iso provoca varias consecuencias no home da moderna sociedade industrial: unha autoconciencia de insignificancia persoal, unha sensación de soidade moral e a resignación a sacrificar a súa propia vida en virtude de poderes exteriores e superiores. Neste sentido, non importa que o home actual conseguise liberarse dos vínculos da sociedade tradicional e á vez sentar as bases dunha auténtica potenciación das calidades humanas: a análise de Fromm vai dirixida precisamente a esclarecer este paradoxo a través dun exame do significado da liberdade para o home moderno e dos seus intentos de evitala.



Proposta de lectura: Capítulos V (Mecanismos de evasión), VI (La psicología del nazismo) e VII (Libertade e democracia)



Cuestións de comprensión:


1. Cales son as dúas explicacións máis frecuentes sobre o nazismo? Cal é a postura do autor ao respecto?
2. Que dúas posturas, respecto do nazismo, se deron, dende o principio, na poboación?
3.  Que situación explica, en parte, a perda de confianza na acción política por parte da clase obreira tras a revolución do 18?
4. Fromm afirma: “Los principios éticos están por encima de la existencia de la nación” Estás de acordo? Razónao.
5. Que sector da sociedade alemana acolleu con maior entusiasmo a ideoloxía nazi? Por que?
6. Que trazos fundamentais poden atribuírse á ideoloxía nazi? 
7. Cal era a situación dos estratos inferiores da vella clase media no periodo anterior a 1919? Como cambiou a súa situación trala guerra? (factores económicos e psicológicos)
8. A que conducíu, segundo o autor, a crecente frustración social?
9. Que grupo social se sentíu máis afectado polo Tratado de Versalles? Sería interesante que investigases o contido de dito tratado e o expuxeras brevemente.
10. Como se describe psicoloxicamente a Hitler neste capítulo?
11. Que se di sobre os representantes da gran industria e dos “junkers”?
12. Como describe Hitler o estado dun individuo que asiste a un mitin?
13. Como se satisface o “sadismo das masas”?
14. Como racionaliza Hitler  o seu desexo de poder?
15. En que sentido se apropia Hitler do darwinismo? Investiga a que se denomina “darwinismo social”. Apoiaban os seguidores de Darwin tal interpretación?
16. De que acusa Hitler a xudeus, comunistas e franceses? Por que di o autor que Hitler se contradí ó facer tales acusacións?
17. “El amor al poderoso y el odio al débil, tan típicos del carácter sadomasoquista, explican gran parte de la acción política de Hitler y sus adeptos” En que sentido? Resume o aspecto masoquista da ideoloxía e práctica nazis.
18. Cal debería ser, segundo Hitler, o obxectivo da educación?
19. Como desexo masoquista, a que poderes ou forzas considera Hitler que ha someterse?
20. A que xentes seducía máis facilmente coas súas proclamas?
21. O libro que nos ocupa foi escrito antes do fin da segunda guerra mundial e, por tanto, antes da derrota do nazismo. Cría o autor na subsistencia do nazismo no futuro?
22. Valoración persoal: que che aportou a lectura:

a) respecto á comprensión das patoloxías masoquista e sádica
b) respecto á comprensión do comportamento dos grupos sociais
c) respecto á comprensión do nazismo
d) respecto á comprensión do verdadeiro signifiado da democracia e os problemas que temos 
    que intentar solventar para garantir a súa supervivencia
e) respecto á comprensión do perigo da perda de individualidade que ameaza ó ser humano
f)  respecto da comprensión dos mecanismos de evasión que utilizamos e do perigo que 
    representan
g) respecto da comprensión do camiño a seguir para evitar ser anulados como persoas
h) respecto de como conseguir a expansión e o desenvolvemento das nosas potencialidades e
    personalidade
i)  respecto do perigo de abandonarnos a distintos tipos de escravitude e autonegación
j)  respecto a entender en que reside a nosa forza e como se mostra a nosa debilidade
i)  respecto da comprensión dos perigos do nacionalismo excluínte
k) respecto do arraigo na nosa sociedade de situacións asociais e inhumanas como os malos
    tratos...

                                      ________________________________________________



CINE DIDÁCTICO
VENCEDORES E VENCIDOS (1961), de STANLEY KRAMER.



CINE DIDÁCTICO
TE DOY MIS OJOS (2003), DE ICÍAR BOLLAÍN
Presentación da película e actividades
O SHOW DE TRUMAN, a película









Ningún comentario:

Publicar un comentario